sábado, 14 de xuño de 2014

Fallo do xurado cualificador do II Concurso de Embelecemento de Contornos e Espazos Públicos e Privados do Concello de Carnota



Esta mañá, o xurado cualificador do II Concurso de Embelecemento de Contornos e Espazos Públicos e Privados do Concello de Carnota, reuniuse na Casa do Concello para emitir o seu fallo.

Trala análise dos diferentes proxectos e logo das preceptivas valoracións, o xurado decidiu outorgar un premio compartido aos proxectos "Recuncho de relax no Barreiro", presentado por  Salvatore Parisi, e "Acondicionamento do contorno da fonte de Martiaño", presentado pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Lira.

Nos dous casos o xurado valorou especialmente a contribución particular para a mellora dun espazo público, en beneficio da veciñanza e dos visitantes.

No caso do "Recuncho de relax no Barreiro", o xurado valorou moi positivamente a mellora dun espazo que, tendo unhas fermosas vistas e unha boa orientación, carecía totalmente dun mobiliario urbano que invitase a deterse e pasar un tempo de relax nel. A actuación desenvolvida no Barreiro (Lira) presenta, segundo o criterio do xurado,  un mobiliario urbano sinxelo e orixinal, feito a man e con materiais de refugallo: un banco unha cadeira cómoda e colorida, aparcabicis e maceteiros e xardineiras coas súas correspondentes plantas e flores, creando un espazo agarimoso que invita a permanecer nel. Así mesmo, o xurado quixo resaltar a combinación, nesta actuación, de conceptos de lecer, deporte, reciclaxe e convivencia, ofrecendo un valioso exemplo de contribución individual e xenerosa para o ben da comunidade.


No tocante ao proxecto “Acondicionamento do contorno da fonte de Martiaño”, o xurado fixo fincapé na positiva repercusión da intervención realizada, nun espazo natural de grande valor paisaxístico, situado á beira da Senda Verde, que une o Ancoradoiro con Louredo, frecuentada por sendeiristas a pé, en bicicleta ou a cabalo. O xurado valorou, neste caso, os traballos de limpeza de maleza e poda de árbores, que fan máis visible a impresinante paisaxe da praia de Carnota e do Monte Pindo. Así mesmo, valorou especialmente a plantación de árbores autócnotas (castiñeiros e carballos), polo de agora moi pequenas pero que poden mellorar moito a contorna co paso do tempo, así como a colocación de elementos sinxelos e integrados no medio natural (un comedeiro e casas de madeira para paxaros, un bambán ou un panel explicativo sobre o aproveitamento do monte). Segundo o xurado, este proxecto cumpre o propósito inicial de poñer en valor o monte comunal e mantelo para desfrute de todos e como responsabilidade de todos.


Ambos os proxectos recibirán cadanseu premio de 500 €. O acto de entrega de premios terá lugar o 26 de xuño de 2014, ás 13:00 h, no salón de actos do Concello de Carnota.


Acta do fallo do xurado

venres, 6 de xuño de 2014

Xornada de valoracións

Na mañá de onte, os e as  representantes dos diferentes centros educativos do municipio integrantes do xurado do Concuso de Embelecemento de Contornos e Espazos Públicos e Privados do Concello de Carnota, visitaron os catro proxectos que concorren nesta segunda edición, co fin de avalialos.

Recollemos aquí en imaxes algúns dos momentos desta intensa xornada de valoracións.

Xardín público na praza de San Gregorio:




Contorno da casa reitoral de Lira:


Recuncho de relax no Barreiro:










Contorno da fonte de Martiaño:















mércores, 4 de xuño de 2014

Visitas do xurado

O xoves, 5 de marzo, o xurado do II Concurso de Embelecemento de Contornos e Espazos Públicos e Privados visitará os proxectos presentados para valorar as actuacións desenvolvidas.

A rolda de visitas comezará ás 10:00 h na praza de San Gregorio, onde se sitúa o proxecto de acondicionamento dun xardín público presentado por ADISBISMUR.

A continuación, o xurado desprazarase a Lira, para visitar os demais proxectos presentados, na seguinte orde:

  • Acondicionamento do contorno da casa reitoral de Lira, presentado pola Asociación Cultural Canle de Lira.
  • Recuncho de relax no Barreiro, presentado por Salvatore Parisi.
  • Acondicionamento do contorno da fonte de Martiaño, presentado pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Lira.


O proceso de acondicionamento do contorno da fonte de Martiaño

A Comunidade de Montes de Lira achéganos unhas fotografías que reflicten o proceso de acondicionamento do contorno da fonte de Martiaño. Compartímolas tamén aquí.



Panel informativo sobre o aproveitamento do monte: 




 Bambán:


 Comedeiro para os paxaros:


 Castiñeiros:


Fotografías de Uxía García de Buciños

martes, 3 de xuño de 2014

A evolución do Recuncho de relax no Barreiro

Salvatore Parisi, autor do "Recuncho de relax no Barreiro", achéganos información sobre o desenvolvemento do seu proxecto e explícanos os criterios que guiaron a selección das especies vexetais e dos elementos que integran a composción. Compartimos neste espazo as imaxes que nos envía e as súas reflexións acerca do proxecto:

"La falta de suelo, y consecuentemente la necesidad de utilizar contenedores para las plantas, limita considerablemente la elección de especies, incluso cuando las precipitaciones son abundantes como ocurre en Galicia. El substrato de las macetas pierde rápidamente la humedad y si no disponemos de riego, las plantas pueden durar menos de lo que pensamos. Es aconsejable, entonces, recurrir a especies resistentes a largos periodos de sequía, especies cuyas necesidades hídricas son inferiores a la de las especies que solemos utilizar en condiciones normales de cultivo directo en tierra. Las suculentas y las especies de clima mediterráneo representan una buena opción para el cultivo en maceta. 


Otro condicionante en la elección de especies ha sido la naturaleza de los dos especímenes ya existentes en el lugar del proyecto, un Metrosideros y una Tuya. Debo confesar que yo nunca asociaría estas dos especies porque, en mi personal clasificación de plantas, cada una corresponde a un contexto bien distinto. Cada planta, a mi parecer, trasmite una determinada sensación o conjunto de sensaciones. En eso influye su lugar de origen, su aspecto, pero también otras características como por ejemplo el uso que se ha hecho de una determinada planta en el curso de la historia de los jardines. No es lo mismo un rosal que una photinia, un olivo que un carballo. En fin, cada planta tiene su propia idiosincrasia. En el caso concreto: el Metrosideros es un árbol que evoca exotismo mientras que la Tuya expresa una fuerte dosis de clasicismo. Vamos, que están casi a las antípodas y por lo tanto resulta casi imposible encontrar buenos compañeros que funcionen para los dos. Lo que combina con uno riñe con el otro. 
No obstante, considero que el Metrosideros es un buen árbol para un recuncho. Su copa densa crea cierto recogimiento y solo hizo falta eliminar alguna rama baja justo allí donde está colocado el banco para acentuar la sensación de recuncho en la zona próxima al árbol. Ahora uno tiene la sensación que el árbol acoge el banco (y cualquiera que se siente allí) bajo la ala protectora de su copa. Una bonita silueta y un simple banco de madera y el lugar empieza a tener un encanto especial.

He querido utilizar elementos vegetales que alteraran lo menos posible esa sencilla composición. Generalmente se escogen las plantas por la espectacularidad de su floración, pocas veces por su forma y su follaje y se destruye así el delicado equilibrio compositivo con la introducción de una planta de impresionante floración, pero inadecuada. Una alfombra verde constituida por decenas de rosetas de Aeonium me ha parecido lo más acertado para revestir la jardinera principal anexa al banco. Las rosetas de color verde claro y brillante contrastan estupendamente con el follaje oscuro del Metrosideros. Su escasa altura da solidez a la jardinera y no interfiere con la arquitectura de los múltiples troncos del árbol.



El Hombre (y la Mujer) disfrutan sobremanera de la magia de las flores y por eso me ha parecido oportuno incluir en el recuncho plantas de abundante floración. No he dudado ni un momento cuando, entre las centenares de opciones que puede ofrecer un vivero, he visto la que yo identifico como el Cistus x scanbergii (por que la mayoría de las veces las plantas no llevan etiqueta?), la jara de Lampedusa. Para los que todavía no se han dado cuenta: Sicilia es mi tierra de origen y Lampedusa es una de las varias islas menores, paraísos naturales, que pertenecen a la isla grande. Esa jara produce miríadas de flores de color rosa ligeramente asalmonado. Su follaje verde azulado tampoco desmerece y su forma globosa me ha parecido perfecta para los tiestos altos.


El rosa y sus adyacentes son los colores del recuncho. El rosa es un color razonablemente relajante y armoniza con la vistosa floración roja del metrosideros. También produce un bello contraste con el follaje amarillo de la Tuya. Las umbelas de la Spirea japonica (quizás Anthony waterer) no podrían tener mejor fondo para lucirse. Un Carex completa el conjunto con su follaje en cascada.


Es fácil intuir que frente a la envergadura de los especímenes existentes cualquier elemento vegetal procedente de vivero aparece ridículamente pequeño. Esa inexorable desproporción solo el tiempo podrá subsanarla. De momento intentaré compensar el escaso porte de los arbustos con grupos de plantas herbáceas de flor que refuercen la nota de color del recuncho".
 Texto de Salvatore Parisi

luns, 26 de maio de 2014

Composición do xurado

O xurado que valorará os proxectos presentados ao II Concurso de Embelecemento de Espazos Públicos e Privados do Concello de Carnota estará integrado polos seguintes membros:

Representantes do CEIP de Carnota:
Alumnado:
  • Uxía Malvárez Formoso
  • Jara Lago González
Profesorado:
  • Natalia Lamas Álvarez
 Representantes do CEIP do Pindo:
Alumnado:
  • Ainhoa Cives Piñeiro
  • Mario Costa Beiro
Profesorado:
  • Manuel Pérez Casais
Representantes do IES Lamas de Castelo:
Alumnado:
  • Miguel Fernández Sambad
  • Felipe Martínez Lamela
Profesorado:
  • María Álvarez Fernández
Representante designado polo Concello de Carnota:
  • Serafín Pérez Pombo

xoves, 22 de maio de 2014

Proxectos presentados ao concurso

Catro son os proxectos que concorrerán a esta segunda edición do Concurso de Embelecemento de Contornos e Espazos Públicos e Privados do Concello de Carnota:

  • Recuncho de relax no Barreiro (Lira), presentado por Salvatore Parisi.
  • Acondicionamento do contorno da fonte de Martiaño (Lira), presentado pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Lira.
  • Acondicionamento do contorno da casa reitoral de Lira, presentado pola  Asociación Cultural Canle de Lira.
  • Remodelación dun xardín público na praza de San Gregorio (Carnota), presentado pola Asociación de Minusválidos da Bisbarra de Muros (ADISBISMUR)
Nas lapelas superiores deste blogue ofrécese información ampliada sobre os diferentes proxectos.