Xardín na praza de San Gregorio

Localización: praza de San Gregorio, 19 (Carnota)

Autoría: Asociación de Discapacitados da Bisbarra de Muros (ADISBISBUR)

Resumo do proxecto:
Remodelación dun xardín público mediante as seguintes accións:
  • Decoración do pequeno semicírculo que se atopa a un dos lados do xardín, con pedras, grava e novas especies.
  • Delimitación do xardín con Buxus sempervirens, deixando unha entrada nun dos lados, de un metro e medio de lonxitude, aproximadamente. No caso de que o buxo non se axeite ao proxecto, por tapar a visibilidade dos símbolos, valorarase a substitución da dita especie por outra.
  • Representación de simboloxía celta e arte rupestre galega, con plantas de folores de diferentes cores.
 Fotografías da situación previa ás actuacións:







Ningún comentario:

Publicar un comentario