Contorno da fonte de Martiaño

Localización: Alto de Martiaño (Lira) 42º 47´47 45” N / 9º 06´08 10” O

Autoría: Comunidade de Montes Veciñais den Man Común de Lira

Resumo do proxecto:
Este proxecto ten por obxecto pór en valor a área de descanso situada no Alto de Martiaño, mediante accións de limpeza, roza e plantación de árbores.

Actuacións que se van levar a cabo:
  • Roza das pistas e dos indes que dan a volta á contorna da fonte
  • Roza da ladeira Norte, onde se poderán apreciar as vistas do lugar e da praia de Carnota, agora tapadas pola maleza.
  • Poda das árbores desta cara Norte.
  • Retirada da madeira da contorna.
  • Plantación de especies autóctonas, coma o carballo e o castiñeiro, para crear nun futuro un espazo con máis sombra e diversidade. A plantación destas especies irá acompañada por unhas medidas de protección contra os animais que pacen pola área da mancomunidade. Unha vez que as árbores teñan a altura suficiente, retiraranse as medidas de protección.
  • Colocación dunha liana ou bambán artesán nunha das árbores.
  • Colocación dun comedeiro para paxaros.
  • Uso dun dos paneis informativos agora sen utilizar para expoñer de forma didáctica o que acontece agora mesmo nos montes de Lira (a presenza de gando, definición do silvopastoreo, especies que pacen pola contorna da fonte de Martiaño e o uso responsable destas zonas de monte veciñal).
Fotografías da situación previa ás actuacións:



Ningún comentario:

Publicar un comentario