xoves, 22 de maio de 2014

Proxectos presentados ao concurso

Catro son os proxectos que concorrerán a esta segunda edición do Concurso de Embelecemento de Contornos e Espazos Públicos e Privados do Concello de Carnota:

  • Recuncho de relax no Barreiro (Lira), presentado por Salvatore Parisi.
  • Acondicionamento do contorno da fonte de Martiaño (Lira), presentado pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Lira.
  • Acondicionamento do contorno da casa reitoral de Lira, presentado pola  Asociación Cultural Canle de Lira.
  • Remodelación dun xardín público na praza de San Gregorio (Carnota), presentado pola Asociación de Minusválidos da Bisbarra de Muros (ADISBISMUR)
Nas lapelas superiores deste blogue ofrécese información ampliada sobre os diferentes proxectos.


Ningún comentario:

Publicar un comentario